Saturday 04 de May de 2024

Máis de 2.000 persoas celebran a Festa da Primavera no Parque de Santa Margarita


Os Viqueiras animaron a festa antes do xantar popular, ao que lle seguirán as actuacións de Los Brincos, Amizades e Son d’Aqui

Máis de 2.000 persoas se achegaron ao Parque de Santa Margarita para celebrar a Festa da Primavera, organizada polo Concello da Coruña durante este sábado 1 de abril.

O grupo tradicional Os Viqueiras animaron a festa antes do xantar, ao que lle seguirán as actuacións de Son d’aquí ás 16.00 horas e Amizades, ás 17.45 horas. A Festa de Primavera remarará coa actuación de Los Brincos, ás 19.30 horas, poñendo fin á primeira romaría.

No xantar as persoas asistentes podían levar a súa propia comida ou mercar un menú composto de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro, pan, bebida e café de pota polo prezo de 15 euros. Ademais, durante toda a xornada haberá filloas da Filloeira de Lestedo de balde. A alcaldesa, Inés Rey, celebrou a alta participación e destacou a importancia de celebrar eventos para fomentar a convivencia entre persoas de todas as idades.